Saturday 04 de May de 2024

Touro vivirá o próximo venres a súa Gran Festa de Nadal


 

O Concello de Touro comenza coas celebracións do Nadal 2018. O próximo venres, día 21 de decembro de 2018, está programada unha Gran Festa de Nadal, que comenzará ás 17.30 horas na Casa da Cultura. Servirá para dar comenzó ás vacacións do Nadal 2018. Papá Noel será a estrela desta tarde e o encargado de recibir as peticións dos cativos e cativas de Touro. A merenda de grandes e pequenos estará asegurada coa máquina de facer palomitas e os recordos do día serán elaborados por distintos obradoiros. E todo amenizado con música e animación. A diversión estará garantizada.

Xa o sábado, 22 de decembro, celebrarase a partir das 18.00 horas o Concerto de Nadal na Casa da Cultura de Touro. O tradicional concertó de Nadal estará a cargo da Banda Xuvenil, dos alumnos e alumnas da Escola e da Banda de Música Isabel II de Touro, que amenizarán esta gran xornada na que tamén se entregarán os premios aos gañadores do XIII Concurso de Fotografía ‘Touro en imaxes’ e os diplomas de participación de todas as persoas que presentaron algunha obra no concurso.